Pablo Agriano
Gaitas e trompa da Fonsagrada
Miranda de Ebro, Burgos (1996).
Afincado en Foncea (A Rioxa). De alma galega e descendencia afastada en terras do concello de Soutomaior, na provincia de Pontevedra.
Comezou a tocar a gaita dende os 9 anos de maneira autodidacta ata que aos 13 anos entrou na "Escola de Gaita e Tambor de Santo Domingo de la Calzada" (A Rioxa), coa gaita galega e a gaita de fol riojana e da man de Enrique Cerezo.
Aos 16 entrou na "Asociación Folclórica Anduriña", de Miranda de Ebro, onde empezou a adquirir máis coñecementos sobre a gaita galega e a tradición galega, da man de Toño Laso, e na "Escola de Gaita e Tambor de Alberite" (A Rioxa), onde hoxe en día, participa tamén con amig@ s en festas e encontros de gaiteiros pola Rioxa e Euskal Herria.
Aos 19 anos, empeza a súa etapa universitaria en Vitoria-Gasteiz e adentrase a formar parte do grupo de gaitas " EguzkiFole" onde aprende multitude de coñecementos, tanto musicais como culturais co mestre Gorka Bravo.
Á súa vez en 2017 entra a formar parte do grupo de danzas e gaitas "Arte Galega" do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz, e alí fórmase tamén, xunto a compañeiros que hoxe en día son grandes amizades, en cultura e folclore de Galiza, parte dos cales integran tamén Roibén. Ademais de asistir xunto a eles a cursos de música e cultura tradicional en Lugo e a diversas foliadas pola xeografía galega.